Alcoa xa avisa antes da xuntanza da ministra en Pitssburgh: “O camiño é a SEPI”

"Alcoa espera recibir da ministra unha proposta viable dos próximos pasos referentes á participación de SEPI", insiste a empresa.

Álvaro Dorado, presidente de Alcoa España. AXM

Alcoa España volveu a defender que a participación da SEPI no proceso de venda da planta de aluminio de San Cibrao “é o camiño” para levar a negociación a bo porto, nun comunicado enviado a horas da reunión entre o CEO de Alcoa, Roy Harvey, e a ministra de Industria, Reyes Maroto.

“Alcoa reitera que a proposta do Goberno de articular a venda da planta de San Cibrao a través de SEPI é o camiño para levar a cabo o proceso de venda con garantías como alternativa ao despedimento colectivo”, subliña a multinacional na nota.

En canto á “reunión de traballo”, a compañía expona o deste luns como un encontro “para falar sobre os retos que afronta a planta de aluminio de San Cibrao”.  “Alcoa espera recibir da ministra unha proposta viable dos próximos pasos referentes á participación de SEPI”, conclúe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here